Inicio
GalegoCastellano
Terra de Soños
Case dúas décadas despois de que o grupo fixese a súa última actuación, o espectáculo Terra de soños brinda a oportunidade de desfrutar de Fuxan os Ventos tanto á xente que os coñece, lembra e hoxendía os ten aínda presentes como ás novas xeracións que, por veces sen seren conscientes do que significou o grupo para a música tradicional galega, herdaron cantos populares como A Carolina ou Sementeira, que xa forman parte do ouvido musical deste país. Fuxan os Ventos foi, nomeadamente, un grupo comprometido coa identidade de Galiza e cos atrancos que esta sociedade tivo que superar ao longo da súa historia recente. Foron, e son, un grupo que soubo, coas súas cantigas rescatadas do olvido dos tempos, chegar a todas as capas da sociedade e en galego, algo impensábel na metade da década dos setenta.
Ver Todas
Fuxan os Ventos levará o espectáculo
Venres, 12 de Xuño do 2009
Fuxan os Ventos estarán de novo sobre os palcos, desta vez con actuacións en Vigo, Ferrol e Lugo. O concerto de Vigo terá lugar o próximo 12 de agosto (Parque de Castrelos), o de Ferrol o 25 do mesmo mes, e a actuación de Lugo haberá de aga...
Ver Máis
Terra de Soños, mellor concerto do ano 2008 en Compostela para os lectores do xornal Santiago Siete
Martes, 10 de Febreiro do 2009
Pedro Lucas e Carmen Vázquez, membros de Fuxan os Ventos, recolleron onte no Hotel AC Palacio del Carmen o premio ao mellor concerto do ano 2008 en Compostela da man do xornal Santiago Siete. 'Terra de Soños' foi elixido con un 30,28% dos v...
Ver Máis
A TVG emite este sábado o espectáculo TERRA DE SOÑOS, celebrado no Auditorio de Galiza
Mércores, 10 de Decembro do 2008
Para todos aqueles que non puideron asistir, e para os que desexen rememorar o emotivo espectáculo Terra de Soños, que supuxo o regreso de Fuxan os Ventos aos escenarios despois de dúas décadas, a Televisión de Galicia emite este sábado 13 ...
Ver Máis
OS MÁIS DESTACADOS ARTISTAS GALEGOS, NO ESPECTÁCULO DE FUXAN OS VENTOS
Venres, 12 de Setembro do 2008
Terra do soños, o espectáculo que Fuxan os Ventos levará ao Auditorio de Galiza os próximos 18 e 19 de outubro e que suporá o regreso aos escenarios do senlleiro grupo galego tras case dúas décadas, contará coas colaboracións de Guadi Galeg...
Ver Máis
FUXAN OS VENTOS REGRESA AOS ESCENARIOS CON TERRA DE SOÑOS
Mércores, 03 de Setembro do 2008
Co espectáculo Terra de soños, Fuxan os Ventos volverán subir ao palco na compaña dalgúns dos seus mellores amigos para reinterpretar os temas máis emblemáticos do grupo. Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular...
Ver Máis
 
Enlaces
MySpace
YouTube
Prensa
Copyright
Nota Legal