TERRA DE SOñOS, MELLOR CONCERTO DO ANO 2008 EN COMPOSTELA PARA OS LECTORES DO XORNAL SANTIAGO SIETE
[Martes, 10 de Febreiro do 2009]
Pedro Lucas e Carmen Vázquez, membros de Fuxan os Ventos, recolleron onte no Hotel AC Palacio del Carmen o premio ao mellor concerto do ano 2008 en Compostela da man do xornal Santiago Siete. 'Terra de Soños' foi elixido con un 30,28% dos votos dos lectores da publicación, e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, foi a encargada de facer a entrega do galardón. Lembremos que o espectáculo, que resultou un enorme éxito de público, foi celebrado nos días 18 e 19 de outubro do pasado ano no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela.