Novas
GalegoCastellano
Mostrando Nova 13
Voltar
FUXAN OS VENTOS LEVARá O ESPECTáCULO 'TERRA DE SOñOS' A VIGO, FERROL E LUGO
[Venres, 12 de Xuño do 2009]
Fuxan os Ventos estarán de novo sobre os palcos, desta vez con actuacións en Vigo, Ferrol e Lugo. O concerto de Vigo terá lugar o próximo 12 de agosto (Parque de Castrelos), o de Ferrol o 25 do mesmo mes, e a actuación de Lugo haberá de agardar até a celebración do San Froilán, en outubro. Lembremos que Fuxan os Ventos voltaron ao escenario, tras case unha década, o pasado mes de outubro, cun dúas actuacións no Auditorio de Galiza, en Compostela, nun espectáculo que se deu en chamar Terra de Soños, e que a finais deste ano se vai editar en formato digipack (CD + DVD).
Copyright
Nota Legal