FUXAN OS VENTOS PRESENTOU O SEU NOVO TRABALLO, 'TERRA DE SOñOS'
[Mércores, 14 de Outubro do 2009]
A sé da SGAE en Santiago de Compostela (Arteria Noroeste) acolleu a presentación de 'Terra de Soños', un digibook de Fuxan os Ventos que recolle a actuación celebrada no Auditorio de Galicia hai agora un ano, e que supuxo o regreso da banda aos escenarios despois de dúas décadas. No acto, presentado polo decano do Colexio de Xornalistas de Galicia e redactor de El País Xosé Manuel Pereiro, interviñeron os membros de Fuxan os Ventos, o delegado da SGAE en Galicia, Javier Vidal, e o representante da discográfica, BOA Music, Fernando Luaces.