FUXAN OS VENTOS EN 'ALALá'
[Martes, 17 de Novembro do 2009]

O programa da TVG 'Alalá' adica hoxe, 17 de novembro, o seu espazo a Fuxan os Ventos. A emisión terá lugar a partires das 22:00 h. Na páxina da CRTVG puidemos ler este comentario sobre o grupo:
"Un dos grupos con máis repercusión na historia da música galega, Fuxan os Ventos, que se enmarca no eido da canción protesta dos últimos anos da ditadura Franquista e os primeiros da democracia, volve para seguir facendo historia. Con 8 discos e centos de actuacións por toda Galicia, por España e por Europa, o grupo fixo que moitas das súas cancións, como a "Sementeira", a "Carolina" ou "O Carro", formaran parte do ouvido musical galego dende hai xa máis de trinta anos.
O mito comezou a crearse en Lugo, onde os rapaces de Fuxan tiñan apenas 16 anos e cantaban no coro dunha igrexa; rápido gañaron os primeiros festivais aos que se presentaron e a principios dos 80 chegaron a ser número un de venda en discos na "Philips" en todo o territorio español. Pero este feito non os fixo renunciar aos seus principios e rexeitaron de pleno cantar en castelán, co que renunciaron a moitos beneficios por "royalties" coa discográfica."
http://crtvg.es/programas/?m=1&p=7

