XA á VENDA AS ENTRADAS PARA 'TERRA DE SOñOS' NA CORUñA
[Venres, 19 de Febreiro do 2010]
Xa están á venda as entradas para o espectáculo 'Terra de Soños', que o grupo Fuxan os Ventos levará ao Teatro Colón da Coruña. A cita é o vindeiro 6 de marzo. Desde hoxe mesmo, os billetes poden adquirirse na web de Caixa Galicia:
https://taquilla.caixagalicia.es/TKET202/FImarcoVenSecGra.asp?Programa=11743&Espectac=1&Represen=1&recarga=0
Para esta ocasión, sobre o escenario estarán, acompañando ao grupo, destacados nomes do panorama folk galego, como xa fixeran na actuación do Auditorio de Galicia (Compostela): Uxía, Xabier Díaz, Guadi Galego, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní, Nova Galega de Danza, Miguel Lustres ou Sabela. O espectáculo terá lugar a partires das 21:00 h.