O ESPECTáCULO 'TERRA DE SOñOS', DE FUXAN OS VENTOS, NAS FESTAS DE OURENSE
[Venres, 11 de Xuño do 2010]
O sábado 26 de xuño Fuxan os Ventos estarán de novo sobre o escenario, nesta ocasión nas festas de Ourense. Acompañando ao grupo estarán Guadi Galego, Uxía, Xabier Díaz, Rodrigo Romaní, Pepe Ferreirós, Sabela e Miguel Lustres. A partir das 22:00 h. Entrada de balde.